Seguridade
Como coida Revela os teus datos
Un resumo honesto de como está feito Revela para protexer o que gardas e compartes. O código é público: calquera pode comprobalo.
Conexións e sesións
Todas as conexións van cifradas (HTTPS). A sesión vive nunha cookie segura que as páxinas non poden ler, e o servidor só garda unha pegada de cada sesión. En A miña conta ves as túas sesións abertas e podes pechalas.
O servidor decide
A aplicación só pide: o plan, os créditos e o permiso de cada persoa sobre cada presentación (presentar, ver, comentar ou editar) compróbanse no servidor en cada operación.
Ligazóns seladas
Unha presentación compartida por ligazón selada cífrase no teu navegador (AES-GCM de 256 bits) antes de saír. A clave vai na propia ligazón ou sae dun contrasinal, así que o servidor garda algo que non pode ler.
Quen entra
Os equipos poden entrar co seu provedor de identidade (SSO con OpenID Connect: Microsoft Entra ID, Okta, Google Workspace, Keycloak), cos seus dominios verificados no DNS. As ligazóns admiten contrasinal, caducidade, un dominio concreto e só presentar sen copiar.
Onde están os datos
Revela alóxase en Cloudflare. Algúns provedores están nos Estados Unidos; esas transferencias ampáranse no Marco de Privacidade de Datos UE-EUA ou nas cláusulas contractuais tipo. Detalles na política de privacidade e no contrato de encargado do tratamento.
Contido de fóra, limpo
Os ficheiros que abres, o que pegas e os cambios de quen edita contigo límpanse antes de usarse: sen scripts nin marcos, só ligazóns e fontes seguras.
Atopaches un fallo de seguridade?
Cóntanolo en privado, non en público: en GitHub, na lapela Security ▸ Report a vulnerability de fmesasc/revela, ou polo formulario de contacto, escollendo «Privacidade» e dicindo que é un informe de seguridade.
Di que parte está afectada, como reproducilo e que podería facer un atacante. Non accedas a datos doutras persoas nin fagas probas que degraden o servizo. Responderémosche en poucos días laborables e, se queres, darémosche o crédito cando estea arranxado.