Para centros educativos e empresas
Revela no teu centro
Presentacións, votacións, cuestionarios e actividades en directo nunha soa ferramenta, compatible con PowerPoint e con Moodle. Para todo o claustro ou todo o equipo.
O que cambia na aula
Clases que participan
Votacións, cuestionarios con puntuación, nubes de palabras e actividades que o alumnado responde desde o móbil, sen instalar nada nin rexistrarse.
Co que xa usades
Abre e garda PowerPoint e LibreOffice. Conéctase con Moodle e outras plataformas, e as notas dos cuestionarios pasan soas.
Modo aula
O alumnado segue as diapositivas no seu propio dispositivo, ao ritmo de quen presenta, e responde no momento.
Nos vosos idiomas
A aplicación e os seus modelos en castelán, catalán, galego, éuscaro, inglés e seis idiomas máis.
Preguntas dos centros
Canto custa para todo o centro?
O plan Equipos custa 6 € + IVE por persoa e mes, desde 3 persoas, cunha soa factura. Para centros grandes, redes de centros ou administracións, preparamos un orzamento á medida.
Hai que instalar algo?
Non. Funciona no navegador de calquera ordenador, tableta ou móbil. Tamén hai versión de escritorio para Windows, macOS e Linux.
Como se tratan os datos do alumnado?
Por conta do centro, que é o responsable: Revela é o encargado do tratamento e non usa eses datos para nada máis. Podes descargar o contrato de encargado do tratamento. Máis detalles na política de privacidade.
Podemos probalo antes?
Si: calquera pode usar Revela gratis, e para o claustro organizamos unha demostración en liña duns 20 minutos.
Próximos seminarios
Sesións gratuítas en liña para ver Revela en acción e resolver dúbidas. Apúntate e enviámosche a ligazón.
Pide unha demostración ou un orzamento
Respondémosche por correo nun ou dous días laborables.