5 minutos

O teu primeiro cuestionario en directo

  1. Na diapositiva onde queiras a pregunta: Inserir ▸ Votación en directo.
  2. En Tipo, escolle Cuestionario (con resposta correcta e puntos), escribe a pregunta e as respostas, e pon un asterisco (*) diante da correcta.
  3. Presenta (F5). Na diapositiva aparecen un código QR e un código curto: o alumnado entra desde o móbil, sen instalar nada nin rexistrarse.
  4. Cando remata o tempo vese a resposta correcta e a clasificación. Para unha clasificación de toda a sesión, engade ao final unha votación de tipo Clasificación dos cuestionarios.

3 minutos

Modo aula: cada alumno coas diapositivas no seu dispositivo

  1. Antes de presentar: Ver ▸ Modo aula.
  2. Presenta. Na esquina aparecen un código e un QR: quen entra ve no seu móbil ou portátil a diapositiva que proxectas, ao mesmo ritmo.
  3. As votacións e actividades respóndense desde aí mesmo. No seu dispositivo, Aa · Lectura fácil mostra o texto máis grande e leo en voz alta.
  4. Ao rematar: Ver ▸ Resultados da aula, cos puntos de cada alumno.

10 minutos (unha vez)

Notas automáticas en Moodle

  1. Quen administra o Moodle do centro engade Revela como ferramenta externa con rexistro dinámico, pegando este enderezo: https://revelaslides.com/api/lti/register. Serve igual para outras plataformas compatibles con LTI 1.3.
  2. Comparte a túa presentación por ligazón desde revelaslides.com (Ficheiro ▸ Compartir ▸ Con persoas, «Calquera coa ligazón pode ver»).
  3. No teu curso de Moodle, engade unha actividade Revela e pega a ligazón da presentación.
  4. Cada alumno faina ao seu ritmo; Revela corrixe os seus cuestionarios e actividades e a nota chega soa ao cualificador de Moodle.

5 minutos

Aula invertida: que a vexan na casa ao seu ritmo

  1. Prepara a presentación coas túas explicacións e algunha actividade para comprobar que se entendeu.
  2. Compártea por ligazón (Ficheiro ▸ Compartir). En Google Classroom, Ver ▸ Google Classroom publícaa na túa clase.
  3. Quen a abre percórrea ao seu ritmo e responde as actividades dentro das diapositivas, sen móbiles. Para probalo ti: Ver ▸ Ao seu ritmo.
  4. Na aula, dedicades o tempo a resolver dúbidas e a practicar.

3 minutos

Crea unha presentación con IA a partir dos teus apuntamentos

  1. IA ▸ Crear presentación.
  2. Escribe o tema ou achega os teus apuntamentos: un PDF, textos ou fotos dos teus apuntamentos ou do encerado.
  3. Escolle cantas diapositivas, para que público, o ton e o deseño. A IA prepara as diapositivas coas súas notas do orador.
  4. Repásaas e cámbiaas ao teu gusto: é a túa presentación. A IA págase con créditos (incluídos en Pro).

2 minutos

O teu PowerPoint, presentado co móbil como mando

  1. Ficheiro ▸ Abrir (ou arrastra o ficheiro á xanela): ábrense .pptx e .odp cos seus textos, imaxes, táboas, gráficos e animacións.
  2. Se queres, engade unha votación ou unha actividade.
  3. Ver ▸ Conectar móbil e escanea o código: o teu móbil pasa as diapositivas, mostra as túas notas e fai de punteiro.
  4. Para devolvelo en PowerPoint: Ficheiro ▸ Exportar ▸ PowerPoint.

5 minutos

Caderno de clase e rúbricas

  1. Despois dunha sesión con cuestionarios: Ver ▸ Resultados da aula ▸ Gardar no caderno, no grupo que corresponda (por exemplo, «3.º A»).
  2. Ver ▸ Caderno de clase mostra, por trimestre, a nota de cada alumno sobre 10 e a súa participación, e descárgao en CSV.
  3. Na lapela Rúbricas crea os teus criterios e niveis; Avaliar cunha rúbrica pon nota a cada alumno, e conta no informe.
  4. Unha rúbrica tamén se pode inserir nunha diapositiva para ensinarlla á clase antes dun traballo.

3 minutos

Presentacións que todo o mundo poida seguir

  1. Ver ▸ Comprobar accesibilidade avisa de imaxes sen descrición, pouco contraste, letra pequena, diapositivas sen título ou que avanzan demasiado rápido, e corrixe o contraste cun clic.
  2. Ao presentar, a tecla C activa os subtítulos en directo do que dis.
  3. A tecla R (ou o botón Aa) abre o modo lectura: o texto da diapositiva cunha letra clara e espazada, que se pode ler en voz alta.
  4. Describe as imaxes importantes (clic dereito ▸ texto alternativo): o modo lectura e os lectores de pantalla lenas.

Queres ensinarllo ao teu claustro?

Pide unha demostración para o teu centro, ou faite embaixador ou embaixadora.

Revela para centros Embaixadores