Embaixadores de Revela
Ensina Revela no teu centro
Se xa usas Revela na aula e che gusta compartir o que funciona, faite embaixador ou embaixadora: formas os teus compañeiros e Revela agradéceche.
Insignia verificada
Esta insignia non é válida ou xa non está activa.
O que levas
Pro gratis
Todas as funcións de Pro, coa súa IA incluída, mentres sexas embaixador ou embaixadora.
A túa insignia
Unha insignia co teu nome e unha ligazón que demostra que é real: para o teu currículo, a túa sinatura ou o teu blog.
Materiais para formar
Presentacións e guías listas para unha sesión co teu claustro, e a ligazón para que o teu centro pida unha demostración.
O novo, antes
Probas as novidades antes ca ninguén e a túa opinión conta para decidir que vén despois.
O que che pedimos
Que fai un embaixador?
Ensina Revela no seu centro: unha sesión co claustro, un curso do centro de formación do profesorado ou, simplemente, axudar aos compañeiros que comezan. E comparte de cando en vez algunha presentación na comunidade.
Hai que vender algo?
Non. Só ensinar o que xa usas e che funciona. Se o teu centro se interesa, a túa ligazón de recomendación fáinolo saber.
Como o solicito?
Desde Revela, coa túa conta: A miña conta ▸ Embaixadores de Revela. Revisámolo e escribímosche nuns días.
Directorio de embaixadores
Docentes que poden axudarche a comezar con Revela na túa zona.
Aínda non hai embaixadores no directorio. Queres ser o primeiro ou a primeira?